Iris pseudacorus


Planta con rizoma reptante, longo, de diámetro uniforme. Follas basais de 50-90 cm. x 10-30 mm., glaucas, con nervio central moi aparente.

As flores (4-10) van sobre talos de 60-120 cm., algo comprimidos, e levan pedicelos de 20-50 mm. Perianto amarelo, con tubo curto. Tépalos externos de 50-75 x 20-30 mm., ovalados, con unlla tan longa coma o resto. Tépalos internos menores, de 20-30 x 4-8 mm., erectos, linear-oblongos, máis curtos cás ramificacións do estilete.

Foito en cápsula de 40-80 mm., cilíndrico con bico curto. Sementes de cor castaña escura, que caen logo de abrir o froito.

Florecen entre maio e xullo. Atópase en regos, charcas, lagoas e beiras de correntes de auga das zonas baixas e medias de Galiza (por baixo dos 700 metros).

Tense empregado en medicina o seu rizoma como vermífugo e vomitivo, pero é, igual cás follas, velenoso para o gando.


Lugar de observación: Río Pontiñas. Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.