Hypericum pulchrum


16 Oct
16Oct

Talos de ata 100 cm., glabros, sen liñas nin ás, con algunhas pólas estériles. As follas dos talos principais, de 10-25 mm., opostas son ovadas a case triangulares, obtusas, con base cordada e algo revolutas, mentres que as das pólas son menores, apenas pecioladas, todas con glándulas só traslúcidas.

As flores levan sépalos de 2-3,5 mm., obtusos cunha serie de glándulas negras sentadas, e pétalos de 8-11 mm. coa punta tinguida de vermello, beireados de glándulas negras. Estames en 3 feixiños, con anteras laranxas. Froito en cápsula de 5-6 mm.

Florece entre xullo e setembro en breixos e claros de bosques, con querenza a chans ácedos.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.