Hypericum elodes


25 Jun
25Jun

Planta de talos deitados de ata 30 cm., recubertos de pelosidade griseira, arraigantes nos nós, sen pólas estériles, ás, nin liñas laterais. As follas, de 5-20 mm., con orbiculares ou anchamente ovadas, aplexicaules.

Poucas flores, dispostas en cima aparentemente axilar, con sépalos de 3-4,5 mm., ovalados, beireados de glándulas avermelladas e pétalos de 8-10 mm., amarelos, sen glándulas. Os estames forman 3 feixes que alternan con glándulas bífidas, escamiformes.

Florece entre xuño e setembro en brañas, beiras de charcas ou augas estancadas de pouco fondo en toda Galiza.


Lugar de observación: Bustelos. Serra do Candán.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.