Hypericum androsaemum


Planta con talos de ata 1 metro, percorridos por 2 liñas. As follas, glabras, opostas, de 10-100 x 8-60 mm., son anchamente ovadas a lanceoladas, sésiles, ás veces amplexicaules. 

As flores aparecen en cima terminal, con sépalos enteiros de 8-12 mm., desiguais, reviradas cara atrás e persistentes no froito. Os pétalos, de 4-10 mm, amarelos, do tamaño aproximado dos estames, indo estes en 5 feixes.


O froito é drupa carnosa de entre 10-12 mm que se volve vermella e posteriormente negra antes de caer.

Florece entre xuño e xullo en ribeiras, sotobosques e lugares sombrizos ou de certa humidade.


Lugar de observación: Ribeira do río Asneiro. Mouriscade. Lalín.

Tagged:  Hypericaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.