Hypericum perforatum


Planta con talos de ata 100 cm., glabros, máis ou menos erectos, os principais con pólas estériles, todos percorridos por 2 liñas que se alternan entrenós, e glándulas negras en talos, follas, pétalos e brácteas.

As follas, opostas, son ovadas a lineares, máis ou menos sésiles. Flores con pétalos amarelos. Froito en cápsula de 5-9 mm. 

Florece entre abril e novembro en toda Galiza, en beiras de bosques ou mesmo camiños.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.