25 Jun
25Jun

Planta formada por unha pequena cepa da que xorden moitos talos en xeral deitados no chan e arraigantes nos nós, de ata 30 cm., percorridos por 2 liñas. As follas, de 3-25 mm., oblongas, con glándulas translúcidas e outras negras nas marxes.

As flores, en pequeno número, levan sépalos de 3-6 mm., desiguais, a miúdo con puntos negros e grándulas ciliares. Os pétalos, de 4-9 mm., levan a miúdo glándulas negras.

Florece entre marzo e setembro en lugares húmidos ou temporalmente encharcados de toda Galicia.


Lugar de observación: Vilatuxe. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.