Helminthotheca echioides


Planta anual ou bienal, con talos de ata 90 cm., recubertos de pelos ríxidos. Follas con pelos do mesmo xeito, as basais de 35-280 x 15-100 mm., elípticas a oblongo-lanceoladas, sinuadas e dentadas, con pecíolo alado, sendo as caulinas máis amplexiculares canto máis arriba se atopen.

Capítulos numerosos, con invólucro de 12-20 x 10-15 mm., de brácteas  externas ovadas, acuminadas, máis curtas e anchas cás internas, lanceoladas. Aquenios de 5-7 mm.,  transversalmente rugosos, con bico tan longo coma o aquenio, sendo os exteriores algo recurvos e os interiores rectos. Papo de 2 ringleiras de pelos plumosos.

Florece entre maio e setembro, faltando só nas zonas máis altas.


Lugar de observación: Paseo do Pontiñas. Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.