12 Feb
12Feb

Gabeadora que acada 30 metros, de tallo leñoso con cheiro desagradable ao cortalo, con follas de 2 tipos. As das pólas estériles son cordiformes e palmeadas, ás veces hastadas con 3-5 lóbulos, e as das fértiles son elípticas ou ovadas, ás veces lanceoladas, enteiras ou con 3 lóbulos.

As flores son pentámeras, con 5 estames, pétalos amarelo-verdosos. Van dispostas en umbelas de 6-10 radios con 20-35 flores. O froito é unha baia verde escura a negra. Florece entre setembro e novembro (frutificación entre outubro e marzo), en paredes e bosques escuros de toda Galiza.

Os froitos e follas considéranse irritantes (pódense empregar para purgas). É tradicional o uso destes froitos como munición para os tuteis en xogos infantís.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.