Geranium robertianum


Anual ou bienal, algo peloso e con talos de ata 50 cm., a miúdo avermellados. As follas, de 3-8 cm. de ancho, aparecen fondamente divididas, ata o punto de apareceren como compostas.

Teñen 3-5 divisións principais, e estas pinnatífidas con lóbulos apiculados ou mucronados. Sépalos de 7-9 mm., arestados, hirsutos, e pétalos de 9-15 mm., cunha unlla estreita e limbo rosáceo, enteiro, de 6-9 mm. 

Pole de cor laranxa. Os froitos sepáranse na maduración soltando os bicos, e levan 1-2 estrías trasversais máis ou menos pelosas no ápice.

Florece entre abril e agosto en toda Galiza.


Lugar de observación: Fraga de Quiroga. Catasós. Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.