Gentiana pneumonanthe


Perenne, de 5 cm., con talos simples, normalmente. As follas son opostas, lanceoladas e lineares, uninervias, sésiles. 

As flores aparecen 1-2 terminais, ás veces varias axilares nas follas superiores, e levan cálice de dentes lineares, tan longos coma o tubo, e corola en funil, azul, de 25-50 mm., con 5 liñas verdes, rematadas en 5 lóbulos alternos con outros 5 pequenos dentes.

Froito en cápsula elipsoide, estipitada.

Florece entre agosto e outubro, en prados, breixos e bosques abertos de toda Galiza.


Lugar de observación: Lagoa Sacra de Olives. Xestoso. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.