Genista micrantha


Pequeno arbusto (pero parece planta herbácea) de ata 40 cm., sen espiñas, sen follas na parte inferior, con pólas novas pubescentes, de follas con folíolo central linear-elíptico de 5-15 mm., e os 2 laterais transformados en apéndices. Inflorescencias en acios terminais de 15-25 flores, con pedicelos glabros de 1-2,5 mm.

Cálice de 2-3,5 mm. Corola amarela caedeira, con estandarte de 4,5-5,5 mm., ás de igual tamaño coa punta alaranxada, e quilla de 5,5-7 mm. Froito de 5-7 mm., ovoideo, glabro ou con poucos pelos na liña de sutura, con 1-2 sementes.

Florece entre maio e agosto en prados e breixos. Endemismo do noroeste peninsular.


Lugar de observación: Monte Faro. Rodeiro.

Tagged:  Leguminosae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.