Fumaria muralis


Planta difusa ou gabeadora, con acios de 10-17 flores tan longos coma o pedúnculo ou pouco máis. Os sépalos, dentados, de 3-4 x 2-2,5 mm., e a corola de 9-11 mm., rosácea ou violácea (ás veces branca), coas puntas máis escuras. Froitos de 2-2,5 x 1,7-2,5 mm., case esféricos.

Florece todo o ano en leiras e beiras de camiños de toda Galiza.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Tagged:  Papaveraceae
  • 22/02/2017
  • 10/11/2017

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.