Difusa ou gabeadora, con acios de flores tan longos coma o seu pedúnculo.
As flores levan sépalos dentados a subenteiros e corola branca con ápìce purpureo, pero a miúdo volvéndose avermellada despois da fecundación.
Froito de aproximadamente 2x2 mm. Florece entre febreiro e agosto en lugares removidos ou terras de cultivo.
Igual que as demais especies do xénero, empréganse como depurativas en homeopatía.
Lugar de observación: Carboeiro. Silleda.