22 Feb
22Feb

Planta perenne, algo pubescente, glauca, con talos ramosos de ata 90 cm. de altura que fácilmente liberan o seu látex ao romper.

As follas son pinnadas, con 5-7 pares de lóbulos ovados ou oblongos. As flores, en número de 2-6, forman umbelas, e levan 2 sépalos caedeiros na floración, e 3 pétalos de ata 1 cm., amarelos. O froito é unha cápsula alongada, de 3-5 cm., que abre por 2 valvas. Sementes negras.

Florece entre abril e novembro en beiras de camiños, esterqueiros e preto de lugares habitados por querer certa cantidade de nitróxeno. O zume (látex) e máis o po das raíces empréganse para sedante e son un popular remedio para as espullas. Non se debe inxerir a planta pois é tóxica por vía oral.


Lugar de observación: Mosteiro de Carboeiro. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.