Eupatorium cannabinum


Planta erecta, de ata 175 cm., con follas palmeadas en 3-5 lóbulos lanceolados a ovados, de 5-10 cm., coas beiras serradas. As flores son purpúreas (ás veces brancas). 

Florece entre xuño e agosto en lugares húmidos e sombrizos, de toda Galiza. Considérase laxante e purgante, en especial a raíz.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.