Erica umbellata


Arbusto cativo, que raramente pasa dos 50 cm. de alto. As follas, lineares, trígonas, lampiñas, de 2-4,5 mm., tan revoltas que se ve o envés, aparecen en verticilos de 3. As flores aparecen en umbelas terminais de 3-6, e pedicelos de 3-5 mm., pelosos, acastañados, con 3-4 bractéolas de 1-1,5 mm. achegadas ao cálice.

Sépalos de 1,5-2 mm., algo ciliados, e corola casa globosa de 3,5-5,5 mm., cos lóbulos erectos. Anteras exertas, de 1-2 mm., sen apéndices. Ovario glabro, con estilete de 4-5 mm.

Florece entre febreiro e agosto en breixos baixos e no sotobosque do piñeiral e outros lugares aclarados.


Lugar de observación: Aián. Agolada.

Tagged:  Ericaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.