Erica ciliaris


Pequeno arbusto que acada 80 cm., con talos retortos. As follas, de 2-4 mm., aparecen en verticilos de 3-4, e son ovais ou lanceoladas, coas beiras ciliadas, revoltas, pero non recubrindo máis ca un terzo da superficie do envés.

As flores en acios terminais de forma piramidal, con pedicelos de 1,5-3,5 mm. pelosos e avermellados que levan dúas bractéolas opostas de 2-2,5 mm., inseridas na metade superior do pecíolo. Sépalos de 2,5-4 mm., algo pubescentes e ciliados.

Corola de 8-12 mm., urceolada, pero curva na metade superior. Anteras de 1,5-2 mm., inclusas, sen apéndices. Ovario glabro, con estilete de 8mm.

Florece entre abril e setembro, en brañas e zonas húmidas de toda Galiza, en especial na área máis atlántica.


Lugar de observación: Zobra. Lalín.

Tagged:  Ericaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.