07 Apr
07Apr

Planta de talos heteromorfos, os estériles de ata 1 metro, ramificados, con 4-14 costelas. As vaíñas caulinares son tan longas coma anchas, con dentes agudos persistentes, escuros no ápice e con marxe membranosa estreita, a miúdo uníndose en pares.

As follas levan o primeiro entrenó máis longo cá vaíña caulinar inmediatamente inferior. Os talos fértiles de ata 25 cm. son de menor tamaño cós estériles, acastañados, sen ramificacións, con vaíñas acampanadas de maior tamaño cás dos talos estériles, de menos de 14 dentes. Esporánxios en estróbilos obtusos de ata 4 cm.

Esporulación en febreiro-maio, aparecendo ao tempo os dous tipos de talos. 

Aínda que non é abondosa, é relativamente normal en lugares húmidos, a miúdo areosos, e mesmo en cultivos pódese converter unha herba ruín.


Lugar de observación: Sulago. Merza. Vila de Cruces.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.