Daphne gnidium


Arbusto erecto de folla perenne, moi ramificado, de ata 100 cm. (en Galiza), de follas glabras, algo coriáceas, lineares a obovadas, glandulares polo envés, de 20-30 x 3-7 mm. As flores algo arrecendentes, de cor branca, de 5-6,5 mm., e con tubo no perianto de 2,5-4 mm., van dispostas en inflorescencias terminais. Froito en drupa globosa de 7-8 mm., vermella. 

Florece entre abril e setembro, de xeito que sempre vemos na mesma planta flores e froitos. Atopámola en matorreiras, piñeirais e beiras de carballeiras. Abondosa en especial na beiramar e zonas de clima mediterráneo.

As follas e froitos son velenosos, como indican os nomes populares.


Lugar de observación: Toiriz. Vila de Cruces.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.