22 Feb
22Feb

Arbusto ramallento, de ata 300 cm., de pólas cilíndricas, con 8-10 costelas lonxitudinais as máis novas, sedosas cando novas e case glabras despois.

As follas inferiores levan 3 folíolos e son pecioladas, mentres as superiores son sentadas.

Florece entre marzo e xuño, en fincas abandoadas, beiras de camiños e claros de carballeiras das zonas baixas de Galiza. Endémica da metade oeste da Península Ibérica e norte de Marrocos.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.