Cuscuta epithymum


17 Feb
17Feb

Planta con talos de cor vermella-acastañada a case amarela. As flores, de 3-5 mm., aparecen en glomérulos de 7-11 mm., globosos, con cadansúa bráctea na base. Cálice con tubo de ata 1,1 mm., máis curto cós lóbulos (0,9-2,2 mm.), avermellado ou máis raramente amarelo.

Corola case branca, con lóbulos ovado-triangulares, agudos, ás veces mucronados, de 1-2 mm. Estames exertos, máis curtos cós lóbulos da corola, a miúdo con anteras púrpuras. Estilete (estigma incluido) filiforme, polo menos tan longo coa o ovario.

Froito en cápsula subglobosa de ata 2,2 mm., dehiscente.

Florece entre maio e agosto en gran parte de Galiza, parasitando en especial a toxos, xestas e mesmo trevos. Fíxase aos seus hóspedes con pequenas raices succionantes.


Lugar de observación: Monte do Carrio. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.