Coincya monensis


Anual a perenne, con talo de 10-100 cm., prostado a erecto, ramificado, que aparece na base glabro a híspido. As follas basais, ata 30 cm., aparecen dispostas en mouta, con 3-9 pares de segmentos de dentados a pinnatipartidos, glabras ou con pelosidade variable, sendo as caulinas menos divididas.

Flores dispostas en acios terminais, sobre pedicelos que acadan de 4-15 mm. na frutificación, levando sépalos de 6-10 e pétalos amarelos de 7-20 mm., con veas máis escuras.

O froito é silicua de 30-80 x 1,5-2 mm., de erecto patente a patente, con 10-38 sementes por lóculo, rematada en bico atenuado de 8-38 mm., con 0-5 sementes.

Florece entre abril e agosto e aparece como ruderal en zonas baixas de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega.

Tagged:  Brassicaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.