Cirsium filipendulum


Perenne, con talos de ata 80 cm. coa metade superior áfila. As follas basais aparecen pecioladas e sinuado-dentadas. Flósculos purpúreos de 16-20 mm. Aquenios de 3-5 mm., con papo de pelos plumosos.

Florece entre maio e xullo, sendo habitual en lugares algo húmidos de toda Galiza. É endemismo ibérico.


Lugar de observación: Alto do Faro. Rodeiro. 

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.