Centranthus ruber


Perenne, con talos de ata 80 cm., a miúdo ramallentos, glaucos, con follas opostas de 30-80 x 10-50 mm., lanceoladas a ovadas, de base amplexicaule. Flores con corola rosa, vermella ou branca, con tubo de 7-10 mm. e esporón de 5-12 mm. 

Estames, un, e estilete enteiro.

Florece entre maio e xuño, en muros e lugares removidos, en especial a baixas altitudes no sur de Galiza.

É planta medicinal, que se emprega substituíndo as especies do xénero Valeriana.


Lugar de observación: Catasós. Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.