12 Feb
12Feb

Bienal, con talos solitarios as máis das veces, ramificados superiormente, que acadan 10-30 cm. Levan follas basais en mouta, elípticas ou algo espatuladas, de 1-5 x 0,8-2 cm., sendo as caulinas moito menores, estreitas e agudas.

As flores, rosáceas, aparecen sésiles ou case sésiles en cimas mestas corimbiformes. Lóbulos da corola de 5-6 mm. Froito en cápsula máis longa có cálice.

Florece entre xuño e agosto, sendo habitual na beiramar e partes medias de Galiza ata os 500 metros.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.