Cardamine hirsuta


27 Mar
27Mar

Bienal, raramente anual, con talo verde escuro, flexuoso, de ata 40 cm., xeralmente peloso. As follas basais, de 4-10 cm., en mouta que xeralmente aparece murcha na floración, e as caulinas, 4-15 cm., tamén liradas, con 2-7 pares de segmentos peciolulados lanceolados a orbiculares, e outro terminal reniforme. 

As flores aparecen dispostas en acio corimbiforme laxo, non sobrepasado polos froitos inferiores. Sépalos de 1,5-2,2 mm. e pétalos brancos de 2,5-5 mm. Silicuas de 12-25 x 1-1,5 mm., diverxentes do raquis e sobre pedicelos de 7-15 mm.

Florece entre abril-agosto. Atópase en beiras de regatos e lugares húmidos ou sombrizos de toda Galiza, aínda que non é tan abondosa como a especie seguinte.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.