Calystegia silvatica


Planta glabra, con talos gabeadores que se enrolan acadando 5 metros. As flores son solitarias, coa corola en forma de funil de cor branco ou algo tinguida de rosa. 

Florece entre xuño e setembro gabeando postes, sebes, canaveirais e mesmo palleiros, en especial en zonas baixas. A súa distribución non é moi coñecida en Galiza. 

Esta planta atopámola á beira do río Asneiro pola zona do lugar coñecido como Pozo Negro, en Lalín.


Lugar de observación: Pozo Negro. Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.