21 Feb
21Feb

Planta coas follas pecioladas, de contorno pentagonal, con gabiáns opostos ao pecíolo. As flores, de 10-15 mm., levan cálice con 5 divisións e 5 pétalos algo soldados na base, cor branca ou algo verdosa. 

As masculinas, que aparecen en acio de ata 17 sobre pedúnculo glanduloso, levan 5 estames (que aparentan 3, como xa se dixo) e corola de 8-13 mm., mentres as femininas, en corimbos de ata 7, levan estilete curto con 3-5 estigmas bilobados e corola menor, de 4-7 mm. Froito en baia carnosa, vermello na madurez, de 6-10 mm.

O poder da súa natureza trepadora, pódese ver na seguinte fotografía na que conseguíu amarrarse a unha desafortunada Dactylis glomerata.

Florece entre maio e agosto, gabeando polas sebes, valados e outros medios algo nitrófilos e húmidos. A raiceira é un violento purgante, aínda que se teña empregado como antirreumático. Son características as súas follas pentagonais.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.