Brassica rapa


Anual ou bienal, con raíz tuberosa e talos que normalmente non pasan de 50 cm. As follas basais, verde brillante, son lirado-pinnatisectas pelosas, as superiores enteiras, glabras e glaucas.

As flores levan sépalos de 6-10 mm., e pétalos amarelos ou case brancos de 8-18 mm. Os froitos son silicuas de 50-100 x 2,5-4 mm., que rematan en longo bico estreitado de 5-25 mm. As flores abertas no cumio da inflorescencia sobrepasan os casulos non abertos, carácter este que é diferencial fronte a Brassica napus.

Florece entre abril e xullo, plantada, aínda que ás veces se silvestre. Esta especie é aproveitada amplamente polo nabo, as follas, nabizas, e as follas primeiras, grelos.

Noutros lugares (metade setentrional de Europa) empréganse algunhas variedades para extraer aceite a partir da súa semente (aceite de colza).


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Brassicaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.