Blechnum spicant


Rizoma groso do que xorden as frondes de 10-50 cm., de dous tipos. As estériles, que pasan verdes todo o inverno, teñen perfil oblongo-lanceolado e curto pecíolo, e son pinnatisectas ou pinnatipartidas con pinnas de 3-5 mm. de anchura. As fértiles, que aparecen en menor número e secan no inverno, teñen maior lonxitude (ata 70 cm.) e a mesma forma, pero pinnas máis estreitas (1-2 mm.) e espazadas, que aparecen totalmente recubertas polo envés polos soros lineares, con indusio de igual forma.

Esporulación entre febreiro e setembro. Aparece en lugares húmidos, como chans de carballeiras e bosques de cerquiños sobre solos ácidos de toda Galiza.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Blechnaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.