Asplenium trichomanes


Frondes de 10-25 cm., con pecíolo curto, castaño escuro, brillante. A lámina ten perfil linear-lanceolado e leva 10-30 pares de pinnas ovadas a suborbiculares, de consistencia coriácea. Soros 4-8 en cada pinna, pequenos, lineares, que aparecen unidos na maduración.

En Galiza aparece a subespecie quadrivalens D.E. Meyer, que se caracteriza por ter pinnas de 0,4-1,2 cm., inseridas perpendicular ou case perpendicularmente ao raquis, sendo a pinna apical de menor tamaño, linear-lanceolada.

Esporulación durante todo o ano. Aparece en fisuras de rochas de toda Galiza, en calquera altitude e tipo de rocha.


Lugar de observación: Mosteiro de Carboeiro. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.