06 Dec
06Dec

Frondes de 15-45 cm., con pecíolo de 1/2-3/5 do longo da lámina, castaño renegrido a negro avermellado, brillante. A lámina, de 9-25 cm. e tripinnada, coriácea e moi brillante na cara superior, ten perfil triangular-lanceolado, con ápice caudado.

As pinnas, en número de 10-25 pares, aparecen tamén caudadas, as inferiores e medianas algo viradas cara arriba. As pínnulas son lineares a ovadas, con dentes agudos e longos.

Esporulación, todo o ano. Vese con moita frecuencia en lugares algo húmidos e sobre rochas e muros.


Lugar de observación: Carboeiro. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.