Arenaria montana


Perenne, cespitosa a miúdo, con talos de ata 30 cm., recubertos de pelos curtos. As follas, de 7-25 x 1,5-5 mm., son sésiles, oblongo-lanceoladas a lineares, planas, con nervio medio apenas saínte.

As flores aparecen en cimas, en grupos de ata 6, sobre pedicelos que acadan (en froito) ata 30 mm. Sépalos de 5-9 mm. e pétalos brancos de 6-14 mm. Froito en cápsula de 5-8 mm., globoso-ovoideo. 

Florece entre maio e agosto en toda Galiza, en carballeiras aclaradas, piñeirais e outros hábitats máis abertos, como pedregais e breixos, en especial sobre chans ácidos.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Cariophyllaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.