Antirrhinum meonanthum


10 May
10May

Planta glandular-pubescente na inflorescencia, ás veces toda a planta. Talos de ata 120 cm., ramosos. As follas, de 25-70 x 4-30 mm., lanceoladas a ovadas, glabras a glanduloso-pubescentes, aparecen opostas na parte inferior e alternas superiormente.

Inflorescencia en acios de 20-35 cm., con 30-60 flores, con pedicelos de 1-4 mm. Lóbulos do cálice de 5-8 mm., agudos. Corola de cor amarela pálida, de 18-25 mm. Cápsula de 7-10 mm.

Florece entre xuño e agosto en gran parte de Galiza, en especial en calías.


Lugar de observación: Entorno da Fervenza do Toxa. Silleda.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.