Anarrhinum duriminium


Planta glandular-pubescente, con talos erectos de ata 90 cm. Follas basais en mouta de ata 17 x 4,5 cm., espatuladas ou lanceoladas, crenadas a dobremente dentadas. As máis das follas caulinas aparecen tripartidas, co segmento central ata 17 mm. de ancho, sendo os laterais menores.

Flores en inflorescencia terminal, mesta, con lóbulos do cálice de 2,5 mm. e corola de 5-7 mm., brancas ou cremas. Froito en cápsula globosa.

Florece entre marzo e agosto. É máis abondosa no interior, sendo endemismo do noroeste da Península Ibérica.


Lugar de observación: 

  • Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.
  • Cadrón. Lalín.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.