Allium sphaerocephalum


Bulbo ovoideo de 1-2 cm. de diámetro. Levan a miúdo bulbidos brancos ou amarelos por riba do bulbo principal, pechados na parte baixa do talo e envoltos por túnicas amarelas. Escapo floral de ata 90 cm., con 2-6 follas na metade inferior, ata 30 cm. x 4 mm., fistulosas, acanaladas.

A umbela, que raramente leva as flores substituidas por bulbilos, mide 2-5 cm. de ancho, globosa ou máis ben ovoidea, e as flores aparecen sobre pedicelos de 2-30 mm. desiguais.

A espata consta de 2 valvas de ata 2 cm., persistentes, rematadas en bico curto, sendo polo tanto menor cá umbela que envolve. Tépalos de 3,5-5,5 x 1-2,5 mm., de cor rosa viva ou púrpura escura. 

Os estames aparecen exertos, os 3 externos simples e os 3 internos formados por 3 dentes de igual longura, o intermedio dos cales leva a antera. Ovario ovoide con estilete de 4-7 mm.

Froito en cápsula globosa de 2,5-4,5 mm.

Florece en toda Galiza entre xuño e agosto. Abondoso en clima mediterráneo ou submediterráneo, en praias ou sobre litocháns.


Lugar de observación: Serra do Candán. Zobra. Lalín.


Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.