Ajuga reptans


Planta perenne, con longos estolóns basais arraigantes e talos de 10-40 cm., pubescentes en caras opostas. As follas inferiores, de 25-90 x 10-40 mm., son ovadas, enteiras e crenadas, as basais murchando antes da floración.

Os verticilos florais, habitualmente de 6 flores, levan brácteas ovadas ás veces azuladas, sendo as superiores menores cás flores. Estas levan cálice de 4-6 mm., e corola de 14-17 mm., azul, co tubo máis longo có cálice e cos estames exertos, de filamentos pelosos.

 Florece entre abril e xullo en bosques húmidos e sombrizos, coma carballeiras, en toda Galiza.


Lugar de observación: Ribeira do río Arnego. Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.

Tagged:  Lamiaceae

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.