Achillea millefolium


Perenne, herbacea, con talos erectos e ata 50cm. a miúdo pelosos. Follas lanceoladas a lineares, bi ou tripinnatisectas en segmentos curtos, de 30-50 x 5-12 mm., pelosas por cara e envés.

Capítulos de 4-6 mm. de diámetro, dispostos en corimbos. Invólucro de 3-4 mm., con brácteas de beiras máis escuras. Levan lígulas brancas de 1,5-2 mm., en número de 5, e flósculos brancos ou crema.

Florece entre maio e novembro sendo vulgar en toda Galiza. Empregada como planta vulneraria como nos indican algúns dos nomes populares.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.

Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.