Periparus ater


20 Apr
20Apr

Paxaro de 10-11,5 cm. Ten a cabeza e gorxa negras; fazulas e caluga brancas; lombo cincento azulado; partes inferiores brancas apagadas e costas ocres; dúas listas alares brancas; rabo lixeiramente gallado e patas cincentas. Os inmaturos teñen a caluga, fazulas e partes inferiores cun ton cremoso. Emiten varias voces: "sit-sit-sit-chrr" ou "tsoluii-tsoluii".

Paleártica. En Galiza é común e sedentaria. Habita en piñeirais, bosques mixtos ou fragas, parques, cultivos e campos con árbores espalladas.

Aniña en buratos de muros, arrós, caixas aniñadoras, etc. Pon desde finais de abril 5-14 ovos brancos apencados en pardo que choca a femia durante 14 días; os polos voan aos 16-19. Dúas roladas. Aliméntanse de insectos, larvas, vermes, arañas e sementes de plantas silvestres.


Lugar de observación: Paseo do Pontiñas. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado na web.