01 Mar
01Mar

Paxaro de 10,5-12 cm. Sexos iguais. Partes superiores pardas cincentas ou cincentas oliváceas e inferiores brancas apagadas coas costas cremosas; cabeza branca con notoria crista eréctil branca e negra, risca ocular negra en forma de C e babeiro tamén negro que se prolonga ata a caluga; ollos rubios e patas cincentas.

Os inmaturos teñen crista pequena, gorxa apardazada e ollos pardos.

Paleártica, aínda que falta en extensas zonas. Sedentario en toda Europa, na Península Ibérica é sedentario e común. En Galiza é case común e sedentario.

Habita en espazos forestais, sobre todo en piñeirais.

Fai o niño en buratos de árbores e pode ocupar o mesmo máis de un ano. Pon desde primeiros de maio 5-6 ovos brancos punteados en castaño que choca a femia durante 14 días; os polos voan aos 18. Aliméntase de insectos, principalmente coleópteros, tamén de vermes e algunhas sementes de froitos silvestres.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.