21 Apr
21Apr

Paxaro de 14-16 cm. O macho é verde escuro coa mitra verdosa máis clara; beira das ás laterais da base do rabo amarelos claro, este último curto e gallado; laterais da cabeza agrisados; peteiro forte e cónico. A femia e os inmaturos son máis verdes agrisados coas zonas amarelas máis esluídas e os últimos están tamén riscados de pardo. O seu voo é ondulado; o canto ten certa semellanza co dun Canario, e a nota de contacto é un "chuit" ou "trrruiit" moi repetido.

Paleártico. É común e sedentario con numerosos invernantes en toda Galiza. Habita en zonas de cultivo con árbores espalladas.

Constrúe o niño en árbores e sebes. Pon de mediados de abril a xullo 3-5 ovos brancos ou azuis apencados que choca a femia durante 15 días; os polos voan ao cabo doutros 15. Dúas roladas e ás veces tres. Aliméntase de sementes, bagas e froitos ventureiros. En inverno anda en bandos xunto con outras frinxílidas.


Lugar de observación: Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.