07 Feb
07Feb

A Rhyssa é un icneumónido dos máis sorprendentes. A femia ten un ovopositor dunhos 40mm de lonxitude. Este insecto parasita á avespa da madeira (Uroceros gigas) e non é infrecuente nos pinares. A Rhyssa é capaz de detectar as larvas do hospedante que abren galerías nos troncos das árbores e entón realiza a proeza de cravar o fino ovopositor na madeira. As dúas metades do ovopositor xiran adiante é atrás moi rápidamente e deste xeito adéntranse na madeira como unha minúscula barrena. Poñen un ovo próximo a cada larva da avespa, e a Rhyssa larvaria aliméntase externamente do seu hóspede. Algúns dos Icneumónidos maiores poden atravesar a pel humana co seu ovopositor e producir unha lixeira sensación de aguillonazo, aínda que é pouco probable que fagan isto, a non ser que se os colla.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.


Vídeos en Youtube de Rhyssa persuasoria:

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.