Pyrrhocoris apterus


A chinche da malva arbórea recoñécese facilmente pola súa intensa coloración vermella e negra. Obsérvase frecuentemente en agregacións, especialmente como formas inmaturas, de entre ducias a centos de individuos. Aliméntase principalmente das sementes de malváceas. 

O seu ciclo de vida natural é de entre 2 e 3 meses. É un insecto moi sensible ao frío, xa que as baixas temperaturas inflúen no seu tamaño corporal, na fecundidade e na lonxidute do seu ciclo de vida. Ás larvas que eclosionan de ovos pequenos atópanse en desvantaxe fronte a outros competidores caníbales, polo que a probabilidade de supervivencia das larvas de ovos máis grandes é maior.


Lugar de observación: Sobreirais do Arnego. Carmoega. Agolada.


Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.