07 Feb
07Feb

Trátase dun insecto hemíptero da familia Pentatomidae. O macho adulto pode acadar unha lonxitude corporal de preto de 12mm, mentres que a femia pode acadar os 13mm. O corpo en forma de escudo é verde e brillante, o extremo das antenas de tonaidades castañas e os ollos son en xeral avermellados, pero tamén poden ser de cor negra. 

Nalgúns exemplares, na parte anteior do peito, da cabeza e no abdome son de cor pálido amarela. Coa idade o corpo pode escurecer de verde a marrón. Estes insectos posúen unhas glándulas que expelen un cheiro desagradable cando se sinten ameazados. 

É unha especie cosmopolita e polífaga que se pode encontrar en case todas partes e aliméntase zugando savia dunha grande variedade de prantas.


Lugar de observación: Taboada. Silleda.


Vídeos en Youtube de Nezara viridula:

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.