07 Aug
07Aug

Azuleiro relativamente pequeno, de 38-44 mm. As ás contan cun pterostigma grande, duns 4 mm. de longo, de cor amarela-alaranxada e con 11-13 veas transversais antenodais, cunha membránula alar branca.

As ás dos machos practicamente hilainas coa base, frecuentemente, cunha moi pequena zona de cor azafranada. O abdome das femias e dos machos novos é de cor castaña cunha carena dorsal media negra dos uritos 3º ao 9º. O macho maduro desenvolve pouca pruinosidade sobre o tórax, o que contrasta co abdome e fai que o animal pareza de dúas cores.

Maiormente, pódense distinguir as dúas liñas antehumerais pálidas no tórax. 

O desenvolvemento larval ten lugar tanto en augas encoradas como correntes, con certa preferencia polas augas de corrente lenta, de leito estreito, solleiras e case cubertos de vexetación acuática ben desenvolvida. Tamén se coñece a súa presenza en augas salobres.

Pousa xeralmente na vexetación e rara vez faino no chan ou sobre pedras. Período de voo de abril a finais de setembro, sendo máis abundante de xuño a agosto.

Habita a Europa central e meridional. En Galiza é unha especie moi frecuente e abundante.


Lugar de observación: Río Deza. Lalín.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.