10 Mar
10Mar

Escarabello coleóptero alongado de cor negra pertencente á familia Staphylinidae. De cor negra mate excepto os extremos de antenas e patas que teñen unha cor alaranxada. Corpo alongado e robusto. Na cabeza e pronoto apréciase un forte punteado. Cabeza transversal un pouco máis ancha que o pronoto; con ollos pequenos difíciles de distinguir a primeira ollada. 

As mandíbulas grandes. Antenas máis longas que a cabeza. Patas longas e robustas con mornas fortemente espiñentas. Ángulos traseiros redondeados. Poden tanto correr rapidamente como voar, aínda que isto último é raro de observar.

Soen vivir en zonas con condicións de humidade e pódense atopar de abril a outubro en prados, bosques, sebes, parques, xardíns e de cando en cando, cidades. Durante o día adoitan permanecer debaixo de troncos, pedras ou follaxe.

Depredador voraz de alimentación xeneralista, que se alimenta xeralmente pola noite. Depreda sobre babosas, carafio, miñocas así como variedade de insectos, materia orgánica en descomposición e carroña que poida atopar. 

Deposita os ovos no chan, baixo pedras, entre follas ou musgo. As larvas emerxen pasado un mes.

Como xeito de defensa, cando se ve ameazado ten o hábito de levantar o seu longo abdome e abrir as súas mandíbulas, de forma similar a un escorpión. Aínda que non ten aguillón, pode dar unha dolorosa mordida coas súas fortes mandíbulas en forma de pinza. Tamén emite un cheiro fétido, como unha secreción defensiva, por un par de glándulas brancas que posue ao final do seu abdome.


Lugar de observación: Dozón.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.