15 Aug
15Aug

Donceliña de entre 29-35 mm., de coloración xeral azul e negra nos machos e moitas femias. As ás teñen a venación apical das anteriores menos apertadas que a das posteriores e o pterostigma en forma de rombo e semellante nos dous pares de ás. No tórax destacan as franxas antehumerais anchas. Manchas postoculares de gran tamaño e claras non unidas entre si. 

Os machos presentan nos 8º e 9º segmentos a cara dorsal do abdome de cor azul case na súa totalidade. O resto do abdome de cor negra. Característica dos machos desta especie é, as máis das veces, unha mancha sobre o 2º segmento con forma de cogomelo. No entanto, esta mancha é moi variable e pode aparecer, por exemplo, sen o pé e arredondada. Os apéndices anais superiores dos machos son máis curtos que os inferiores. As femias presentan manchas negras sobre o dorso do abdome con forma de torpedo.

Común en masas de auga sen corrente de gran tamaño, como as beiras superficiais dos encoros. Nas raras ocasións que non comparte con peixes este tipo de medios pode acadar densidades espectaculares.

Aos machos gústalles voar en grupos sobre as augas libres e extensas onde habitan e pousan sobre os restos vexetais ou follas que aboian sobre a superficie da auga. Voan desde abril a outrubro, período no que se suceden dúas xeracións.

Especie de moi ampla distribución holártica que comprende dende o Círculo Ártico até o Atlas norafricano. En Galiza é frecuente especialmente nas lagoas e beiras dos encoros.


Lugar de observación: Lagoa no Monte Pedroso. Rodeiro.


Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.