19 Jun
19Jun

Mantis de corpo estilizado e tamaño grande (47-67 mm, ata 80 nas femias máis grandes). Presenta unha alta crista na cabeza que a fai recoñecible. As antenas son filiformes na femia, sendo plumosas nos machos. Os ollos son ovais e presentan un patrón de raias lonxitudinais. 

Tórax alongado e delgado. Os fémures das patas anteriores raptoras presentan espiñas na súa cara interna en grupos alternos, que axudan a suxeitar ás súas presas. Os pares de patas segundo e terceiro teñen lóbulos foliáceos. Ambos sexos presentan ás que cobren dorsalmente o abdome. O primeiro par de ás é un helitroide cuxa función é protexer ao segundo par de ás membranáceas, que lles permite voar. 

O abdome presenta tubérculos pola súa cara ventral, dispoñéndose enrolado sobre si mesmo nas ninfas; e estendido, nos adultos. A cor do adulto depende da contorna circundante cando realiza a última muda e vai desde pardo ata verde.


Lugar de observación: Aldea de Baixo. Contorna do encoro de Portodemouros. Agolada.

Comentarios
* O correo electrónico non se publicará na páxina web.