Dolycoris baccarum


Insecto dos chamados "escudo" de cor verde pardusco e vermello viño, con antenas que presentan aneis claros e marxe do abdome con cadros claros e escuros. Ten un pouco de lanuxe en todo o corpo. 

Pode alcanzar 10-12 milímetros. O macho e a femia son moi similares.

Habita en lindes de bosques e prados e trátase dun insecto moi frecuente.

A esta especie gústalle chupar froitos, xeralmente da especie Rosaceae, por iso é coñecida en español como "chinche de la fresa".


Lugar de obserbación: Monte Faro. Rodeiro.



Comentarios: Deixe un comentario

* O correo electrónico non será publicado na web.