23 Jun
23Jun

Esta especie de cárabo pode alcanzar os tres centímetros de lonxitude. É de cor negra con brillos metálicos violetas. Os élitros están fusionados entre si polo que non pode despregar as ás para voar.

Aliméntase en grandes cantidades de pequenos invertebrados, principalmente moluscos e insectos, colaborando así cos agricultores e xardineiros. A súa actividade é en xeral nocturna, permanecendo durante o día en tobos, baixo pedras ou entre a follaxe. 

As larvas son tamén carnívoras e tardan uns 10 meses en madurar; despois pupan no chan e no outono emerxen os adultos, que non entrarán en actividade ata a primavera seguinte.


Lugar de observación: As Maceiras. Dozón.

Comentarios
* O correo electrónico non será publicado no sitio web.